Orquesta Sinfónica de Galicia na Tempada de Música Clásica

Fecha 3-10-2021
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Afundación, a Obra Social de ABANCA, dará comezo no mes de outubro á súa Tempada de Música Clásica organizada en colaboración coa Sociedad Filarmónica de Vigo, cuxa apertura correrá a cargo da Orquesta Sinfónica de Galicia, baixo a batuta de Dima Slobodeniuk, e con Yevgeny Subdin ao piano e Jeroen Berwaerts á trompeta, o 21 de outubro ás 20.00 h. O recital consistirá na interpretación de dúas pezas de Dmitri Shostakóvich, Concerto piano, trompeta e orquestra de cordas, op. 35 e Concerto para piano núm 2 en fa maior, op. 102, e a Sinfonía de cámara, núm. 4 de Mieczyslaw Weinberg. 

Co compromiso de seguir promovendo as actividades culturais como un mecanismo fundamental para o progreso persoal e social, Afundación estableceu un esixente protocolo de medidas que permitan á cidadanía gozar de eventos de primeira orde coas maiores garantías de seguridade sanitaria posible.

PROGRAMACIÓN DE CONCERTOS

Todos os recitais incluídos na Tempada de Música Clásica terán lugar no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13) ás 20.00 h.

Con dirección de Marc Leroy-Calatayud e con Esteban Batallán á trompeta, a Real Filharmonía de Galicia estará no Teatro Afundación Vigo o 3 de novembro ás 20.00 h cun recital titulado «Músicos errantes». Richard Strauss, Franz Joseph Haydn e a estrea de Nightfall, o propio Batallán, serán os compositores que guiarán os acordes desta cita cultural. 

A batuta de Paul Daniel dirixirá á Real Filharmonía, acompañada polo piano de Josu de Solaun, o 24 de novembro ás 20.00 h, nun recital de obras de Dora Pejacevic (Abertura en re menor, op. 499), Francis Poulenc (SInfonietta) e Serguéi Prokófiev (Concerto para piano núm. 2 en sol menor, op. 16).

O 3 de decembro, en colaboración co Ciclo de Música de Barcia de Mera, representarase a ópera María Estuardo – Stuarda, coa representación de Beatriz Díaz, Belén Elvira, Anna Icobalzeta e Maife Gil, con narración e dirección de escena de Camilo García, e piano e dirección musical de Juan Antonio Álvarez Parejo. 

Publicidad

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×