Noticias de Hoy
desnudez
Fecha: 26/04/2019
Horario: 22:00 a 22:00

La Desnudez

La Desnudez, en Vigo.

 

La Desnudez é unha proposta poética sobre o saber quererse. Dúas figuras en escena, apuntando unha idea de polaridade e de viaxe desde a morte ao amor. Onde acompaña a música, o músico, o son grave do vento no metal. A nudez responde a ese lugar de intimidade, onde xa non existen as preguntas. A beleza do espido, do que hai e do que acontece. Ás veces o sublime dunha man que toca e intercambia calor e suor, e ás veces quere mal. Outras o exercicio de exercer o amor e sostelo. Constrúese e destrúese, como o acto da respiración.

É unha danza do que entra en cada universo e que trata de engulir para vomitar algo novo. Dúas persoas que provocan o impulso de estreitar os lazos pero querendo mantelos frouxos para poder espilos axiña.

La Desnudez é un acto de morte, como a exhalación, sacalo todo para que empece algo novo e ao mesmo tempo é construír coa ilusión de que isto era o definitivo. Podería lerse a obra de atrás cara a diante, onde aparece a viaxe e o sentido dunha unión sentimental. Unha obra que vai do negro ao brando, dun espazo cuberto a un espazo aberto.