Historia de un calcetín en Vigo.
Desde pequenos medraron xuntos compartindo risas, aventuras e trasnadas. Un bo día Ton desaparece e Tin debe emprender unha viaxe na súa procura, unha viaxe chea de sorpresas que o levará a recunchos insospeitados.
Calcetíns, sabas, pantalóns, fregona, vasoiras, ferros e outros obxectos cotiás dan vida á nova creación de La Canica, a súa proposta máis divertida e desenfadada.