Noticias de Hoy
xavi lozano
Fecha: 01/07/2014
Horario: 21:30

Xavi Lozano

Concierto de Xavi Lozano en Vigo dentro del Festival Imaxinasons 2014 (10º Festival de jazz de Vigo).

Lozano é un multiinstrumentista que participa en varias formacións como Bufa & Sons, a banda de Eliseo Parra ou Tactequé. Como músico experimental ten unha enorme destreza tirando sons e construíndo melodías con instrumentos insólitos polo seu uso cotián. É un explorador e un inventor; de feito conduciu unha programa didáctico na televisión autonómica catalá chamado “L´atrapasons”, no que ensinaba a tocar calquera obxecto ao que se lle puidera facer un burato. A descontextualización dos obxectos produce unha enorme atracción sobre os espectadores, que rematan interactuando co artista. Lozano desprega toda a súa curiosidade, inmensa, e transmite ao público esa necesidade de indagar . A quen non marabilla que un tubo de rego soe como un oboe ou que unha cadeira poda parecernos unha frauta? Cando preguntaron a Xavi Lozano que sons foron os que máis o marcaron, el apuntou tres: o son dun lago xeado ao derretir, o asubío dun tren de vapor en Canadá e o son dos paxaros, “os grandes mestres, a mellor música que hai”.

Xavi Lozano, multiinstrumentista