A obra Medida x medida de Shakespeare poderase desfrutar o venres 11 ás 21.00 horas e estará a cargo de Producións Teatráis Excéntricas.
Acontece nunha Viena surrealista inventada por Shakespeare. O mandatario Duque Vincenzo pasa á clandestinidade e manda aplicar con todo rigor a lei contra os comportamentos inmorais.
Cae a lei por igual sobre o negocio do sexo e sobre a xuventude hedonista. Un xove de boa familia é condenado a morte. Isto obriga a Isabella, a súa irmá monxa, a abandonar o convento por tres días coa
tentativa de salvar a vida do seu pecadento irmán.
Un mundo de vicio, perversidade e corrupción tentarán lixar a súa brancura virxinal.
Palacios, cadeas e arrabaldos serán o labirinto que percorre Isabella na súa carreira contra a morte.
Todo observado dende as sombras por un Duque Vincenzo, irrecoñecíbel baixo o hábito de frade mendicante.