Concierto de Riverside Quartet en Vigo dentro del Festival Imaxinasons 2014 (10º Festival de jazz de Vigo).
O Riverside Quartet pon un selo contemporáneo en formato cuarteto á música das emsembles lideradas polo clarinetista Jimmy Giuffre (1921-2008). Nacido en Dallas, Giuffre, tocou nos anos cincuenta e sesenta en varias big bands converténdose nun dos nomes imprescindibles da escena jazzeira da costa oeste dos EUA. Nos anos sesenta vínculase ao free jazz, colaborando con músicos como Carla Bley e Steve Swallow, con quen Imaxina Sons ten a fortuna de contar neste concerto. Jimmy Giuffre vivirá uns anos en Francia e será considerado un dos promotores do jazz contemporáneo e das pontes entre os EUA e Europa. Riverside Quartet reparte liderado entre o trompetista Douglas e o clarinete e saxo Chet Doxas, cunha sección rítmica formada polo referido Swallow no contrabaixo e Jim Doxas na bateria. Tres xeracións de músicos sobre o escenario. Entre todos debuxan unha estética enraizada na música americana e no jazz na que hai cabida para a improvisación, o bluegrass, os himnos sacros e a música apalache.
Dave Douglas, trompeta
Chet Doxas, saxo
Steve Swallow, baixo
Jim Doxas, batería