Concierto de Pierre Bastien en Vigo dentro del Festival Imaxinasons 2014 (10º Festival de jazz de Vigo).
Pierre Bastien naceu en París en 1953. Nos anos setenta comezou a colaborar con Pascal Comelade na Bel Canto Orchestra e a compoñer música para espectáculos de danza e cine. En 1980 comezou a idear a orquestra Mecanium á vez que realizaba a súa tese de doutoramento en torno á obra de Raymond Roussel. A súa orquestra de autómatas funcionou tanto como acompañamento musical nos seus concertos como en forma de instalación en proxectos expositivos.
Na escena musical internacional considérase a Pierre Bastien pioneiro dalgúns dos discursos sonoros actuais da música experimental ou a electrónica. As razóns son máis formais que estéticas: aínda cando a música de Pierre Bastien soa a cabaré parisino, moi afastado dos sons electrónicos, os seus pequenos autómatas mecánicos que reproducen loops sonoros están na base de moitos recursos actuais da música electrónica, como o sampling, a investigación de texturas sonoras ou a repetición rítmica.
Pierre Bastien colaborou ao longo da súa carreira con numerosos músicos de distintas tendencias, como Robert Wyatt, Pascal Comelade, Jac Berrocal, Jaki Liebezeit, Pierrick Sorin ou Issey Miyake, e editou en selos discográficos como Lowlands, Rephlex, Tigersushi ou Alga Marghen.