Percorrido Literario coa autora de Entre os dous hai un río en Vigo
Hora saída: ás 11h00 (só pode asistir as persoas previamente inscritas)
Punto de encontro: saída dende diante do mercado do Calvario
Duración aproximada: entre 1h e media e 2h (compre levar calzado cómodo)
Inscripción: Deben chamar ao teléfono 986 81 02 81 de 9h00 a 14h30
Prazo de incripción: Dende o día 2 de abril e ata completar prazas
Visitaremos os escenarios que aparecen na novela coa que Maria Lado colaborou na colección Historias para coñecermos Vigo. Trátase de lugares relevantes hístorica e socialmente na vida de Lavadores e que percorren tamén Cris, Lu e Roi, os tres protagonistas da novela. Sitios como a rúa Redomeira, que está na orixe da barrio; o mercado do Calvario e as rúas que o rodean; a sede do antigo concello; escolas Nieto ou a fábrica de porcelanas de Santa Clara, entre outras. Nestas paradas aproveiraremos para saber da historia deste barrio.