Paula Quintas – Cía Traspediante presenta: Plastic
Paula Quintas – Cía Traspediante presenta en Vigo: Plastic.
O corpo como contedor. Como se dunha Barbie se tratara, que co seu corpo de plástico perdura ao longo do tempo, baleira por dentro, hermética ao exterior: reflexo da importancia que a sociedade actual moderna lle dá ao de fóra e non ao de dentro.
O plástico tamén pode ser un espazo para gardar, conservar, un espazo onde o contido ten cabida. Así, o corpo recolle no seu interior as experiencias e as emocións que nos definen.
Ocultámonos nun corpo transformando a demanda do momento social que nos toca vivir. Un corpo onde se almacenan, gardan e esquecen os momentos vitais, un contedor que modela e transforma o seu físico para non transparentar o contido-emocións que o enche. “Partindo do corpo como contedor, como se dunha Barbie se tratara, ese plástico como contedor que perdura ao longo do tempo, inmobilidade corporal desde o baleirado”.