Os limpa limpa, en Vigo.
Xogo, música, baile, creatividade e alegría son os elementos que configuran Os limpa limpa.
O universo da imaxinación inocente, exprésase na acción cotiá, mesmo no traballo, aínda que sexa nun traballo como o de limpar.
Os limpa limpa transforman o mundo laboral nun universo único de creatividade, de xogo, de comedia e diversión.
Compañía: Expresión Produccións
Espectáculo: Os limpa limpa
Idioma: galego
Idade recomendada: + 6 anos
Duración: 60 minutos
Prezo: 3 €