Noticias de Hoy
Fecha: 23/05/2014
Horario: 22:00

Os Cempés

Os Cempés, o mítico grupo paratradicional de Ferrolterra, segue a conquistar ao público, despois de mais de vinte anos de xiras por Galicia, Portugal, España, Francia, Noruega ou Inglaterra.

Na gravación do último disco, Tentemozo, participan mais de 50 artistas entre músicos, técnicos e creativos e foi posible grazas ao financiamento de 740 seguidores e amigos incondicionais da banda.

O repertorio é unha selección de músicas para bailar, as máis fermosas coplas e as mellores melodías do cancioneiro popular, arranxadas polo propio grupo, agás as novas composicións.

Centos de concertos, seis Cdś publicados (dous de eles ao vivo), son a bagaxe destabanda que presume de facer bailar e cantar ao público desde o primeiro ao último temados seus concertos.