Noticias de Hoy
Non toques os meus circulos
Fecha: 20/11/2015 a 22/11/2015

Non toques os meus círculos, en Vigo

Non toques os meus círculos, en Vigo.

Venres 20 de Novembro de 2015 ás 21:30h
Sábado 21 de Novembro de 2015 ás 21:30h
Domingo 22 de Novembro de 2015 ás 20:00h

Segundo a lenda, Non toques os meus círculos foron as derradeiras palabras do sabio Arquímedes de Siracusa, antes de morrer a mans dun soldado romano, alá polo ano 212 A. de C.

Hai uns meses que Tomás Canalejo, un científico apaixoado polo seu traballo na universidade, foi despedido. Agora reinvéntase partindo da máxima do profeta: “se a xente non vai á física, a física terá que ir á xente”.

Daquela estade alerta, porque podédelo atopar coas súas teimas en calquera palestra que se poña ao seu alcance. Entusiasmo e ousadía non lle faltan, mais… abondaralle con iso?