Mercado de Arte. O Calvario.
O Mercado de O Calvario cambiará o 17 de Maio, o peixe e as verduras por fotografías, pintura, cerámica e esculturas.
O Mercado da Arte convertirá os bancales das peixeiras en expositores para que os artistas locais amosen e vendan as súas obras. É unha iniciativa pioneira en Vigo, que nace con gañas de continuar, e que supón unha volta de torca aos mercadiños, tan de moda na actualidade.
É unha forma orixinal de unir arte e ventas nun espazo atípico, nunha rúa peonil, na que ademais organizaránse actividades paralelas.
Programa
11h00 Apertura do Mercado de Arte / 63 artistas presentan sus obras
12h00 Lectura do conto "Nerón o canciño que roda por Vigo" Autora: Franchesca da Silva
13h00 Concerto: O Modulador de Ondas. É un proxecto musical e visual que traballa en varias direccións/ Neste intre está a traballar no seu 1ª LP, co cal esta actuación vai ser moi especial.
14h00 Xantar no mismo mercado da man de Tinta Negra
16h30 Supervillano, Juste Kamishibaj contacontos e Teatro de Papel presenta "As Historias Viaxeiras"/ Sobre cartolinas, papeis e cartóns, xogan as cores, ilustracións, luces e voces levandonos a construir aparellos e obxetos que narran as historias viaxeiras.
17h30 Papelya e o seu obradoiro artítico moi especial apto para todos os públicos.
19h00 Subasta de arte. Como o sitio se presta, faremos unha subasta ó mellor postor de distintas obras de arte. Unha oportunidade única de facerse cunha obra de arte a golpe de puxa.
20h00 Concerto clausura con Músculo. Despois de estar en diversos festivis de ámbito nacional coma o BBK Life, Monkey Week, ou Low Fest entre outros o grupo galego fai parada no Calvario para deleitarnos co seu son electrónico que nos fará movela patiña.
21h00 Despedida e apertas ata o ano seguinte.
Durante todo o día Este ano pintarase o segundo pano exterior do mercador, o encargado Borja Portela, natural do barrio vigués de Coia estará durante todo o día dandolle o sprai!!
Os muralistas Alex Fernández e Gonzalo Alonso xunto co arquitecto e debuxante xixones Jorge Mena estarán durante toda a xornada pintando un cadro conxunto que entrara na puxa.