Concierto de Lucía Martínez en Vigo dentro del Festival Imaxinasons 2014 (10º Festival de jazz de Vigo).
Azulcielo é un proxecto que nace en 2009 en Berlín como resultado do traballo de mestrado que a batería Lucía Martínez (Vigo, 1982) presentou para a Universidade das Artes, guiado por músicos da talla de John Hollenbeck ou David Friedman, e que obtivo a distinción Summa Cum Laude. Azulcielo implica un repertorio completamente orixinal, no que se desenvolven composicións baseadas en moitos casos na tradición española musical e cultural, pero cunha visión contemporánea. Azulcielo é, como sinalaba a percusionista nunha entrevista, “a cor que lle falta a Berlín, porque do resto teno todo, é unha cidade moi viva e moi efervescente no cultural, pero está tinxida dese gris permanente. Como é un proxecto berlinés e os músicos tamén son de alí, decidín trasladar unha parte de min a esta cidade; o azul ceo de Vigo”.
Esta ponte entre Alemaña e Galicia reúne unha instrumentación cun carácter entre popular e contemporáneo: acordeón, clarinete/saxo, piano, contrabaixo, batería/vibráfono. Lucía é unha das poucas mulleres, senón a única en España, que pode presumir de ter rematado os seus estudos clásicos en España, os seus estudos de jazz na Universidade Politécnica de Porto-Portugal e un mestrado en batería e composición na Universidade das Artes de Berlín. Ademais da súa profunda formación, o seu carácter emprendedor e de líder posiciónaa satisfactoriamente á fronte dos seus propios proxectos, tamén no ámbito internacional. Coa súa técnica e sutileza, esta multiinstrumentista pertence á nova xeración de músicos de jazz europeos. O seu estilo vese influído pola música folk de Galicia, a música clásica, o flamenco e a música do Mediterráneo, xunto coa música de vangarda europea.
Ludwig Hornung: piano
Hannes Daerr, clarinete, clarinete baixo e saxo tenor
Silke Lange, acordeón
Simon Quinn, contrabaixo
Lucía Martínez, batería, vibráfono, composición