IWÜANA PUNK I en Vigo
4 bandas de Punk/rock de Galicia, Madrid e Catalunya xúntanse para unha noite épica en Vigo, na Iguana Club (Churruca).
SUZIO 13 – Chegan de volta a Galiza para presentar o seu 5º disco, novo traballo pero mesma enerxía, con un son que lembra o punk77 esta banda de Madriz cos deberes máis que feitos en Galiza descargará toda a sua enerxía nunha noite moi especial.
MILENRAMA: Por primeira vez en Galiza, a banda catalana descarga en Vigo para presentar o seu novo traballo, "Corazón y actitud", punk/rock de pura cepa chegado dende Girona; despois de percorrer algúns dos mellores escenarios do panorama, chega o turno de Galiza.
INDARGALEGA – A banda viguesa presenta nova formación, traballando novo material que verá luz a comezos de '19, o seu son chega directo para quebrar cabezas e romper gaiolas.
GRIMA – A banda entra coma unha apisonadora no panorama musical galego, presentando o seu primeiro traballo "A ver a que sabe" unha proposta diferente onde a batería e o baixo fan todo o traballo acompañadas da enérxica voz da sua cantante.
Puntos de venda anticipada 12€:
Discos Elepe
Noso Luar
BAR PRINCESA
Arkham Galiza (Cangas)