Noticias de Hoy
Impronews
Fecha: 12/03/2016
Horario: 23:00

Impronews en Vigo

Impronews en Vigo.

A compañía Triatreros presenta “Impronews”, un espectáculo de improvisación teatral no que dous chispeantes presentadores e unha intrépida reporteira improvisarán as noticias máis delirantes. Antes do comezo do espectáculo, o público recortará noticias e poderá incluso crear as súas propias. A partir destas e sen tempo para poñerse dacordo os improvisadores terán que ir creando o espectáculo que contará con espazos recoñecibles para o espectador, como titulares ou conexións en directo.

Duración: 60 minutos