Concierto de Hugo Carvalhais Nebulosa Trio en Vigo dentro del Festival Imaxinasons 2014 (10º Festival de jazz de Vigo).
O contrabaixista estudou na súa cidade natal Pintura, na facultade de Belas Artes, ao tempo que comezou a formarse de maneira autodidacta como músico. Participa en seminarios con artistas como Ron Carter, Eddie Gomez, Hein Van de Geyn, Mario Pavone, Carlos Bica e Miroslav Vitous. Esta considerado un contrabaixista “sui generis” e o máis talentoso da súa xeración.
En 2010 edita Nebulosa (Clean Feed Records), no que conta coa colaboración do saxofonista Tim Berne, e que chegaría a ser considerado un dos mellor albumes do ano pola revista Jazz.pt. O disco tamén foi escollido pola propia discográfica portuguesa como un dos máis representativos da súa andaina na celebración do seu décimo aniversario.
En 2012 é o momento de Particula, disco que contou, ademais dos seus compañeiros habituais de trío, Gabriel Ponto e Mário Costa, con Dominique Pifarély e Emile Parisien. Foi considerado un dos mellores discos do ano polo xornal portugués Público, a revista española Cuadernos de Jazz e outras publicacións especializadas dos EUA.
Hugo Carvalhais, baixo
Liudas Mockumas, saxos
Mário Costa, batería