Concierto de Gilad Hekselman Trio en Vigo dentro del Festival Imaxinasons 2014 (10º Festival de jazz de Vigo).
Toca nos clubs máis importantes da cidade como Blue Note ou Smalls e participa en festivais de jazz como de Montreaux, onde en 2005 gaña a competición internacional de guitarra, ou de San Francisco. Colabora con músicos destacados da escena de Nova York, especialmente de maneira estable co batería Ari Hoenig, protagonista dun dos concertos destacados da pasada edición de Imaxina Sons.
Na súa viaxe polo jazz ten fieis compañeiros como o contrabaixista Joe Martin e o batería Marcus Gilmore. Ademais do talento excepcional do saxofonista Mark Turner, influído por John Coltrane e imprescindible sideman para moitos dos grandes nomes do jazz das últimas dúas décadas. A pasada primavera o guitarrista israelí editou o seu cuarto disco This Just In (JazzVillage, Harmonia Mundi) cos seus compañeiros Martin e Gilmore, e a colaboración en tres temas de Mark Turner.
A Vigo chega en formato trío. Xunto a el o contrabaixista Demian Cabaud (Arxentina, 1977), membro estable da Orquestra de Jazz de Matosinhos que compartiu escenario xa con grandísimos artistas de jazz como Lee Konitz, Joe Lovano, Mark Turner, Maria Schneider, Jason Palmer, Juan Cruz Urquiza, Jason Moran e Bernardo Sasseti, entre outros. O público de Imaxina Sons puido velo en acción na edición de 2012 na formación do batería Iago Fernández. Con Gilad Hekselman, ademais en Imaxina Sons, estará o batería orixinario de Hungría Ferenc Nemeth quen, como líder ou como colaborador, destaca pola súa aposta creativa e pola súa vertente didáctica. En 2011 lanzou unha aplicación para a Mac store denominada Drum School.
Gilad Hekselman, guitarra
Demian Cabaud, contrabaixo
Ferenc Nemeth, batería