Noticias de Hoy
suelen estar quarted D
Fecha: 09/11/2017
Horario: 21:30

Concierto Suelen Estar Quartet en Vigo

 

Concierto Suelen Estar Quartet en Vigo

Suelen Estar Quartet é un cuarteto de improvisación libre nacido no seo da O.M.E.Ga (Orquestra de Música Espontánea de Galicia) da que foron integrantes os catro.

Violín (Elena Vázquez), viola (MªJosé Pámpano), cello (Macarena Montesinos) e contrabaixo (Saúl Puga).

Sen partituras todo o que se crea é propio, inmediato, único e exclusivo. Déixase de ser un mero intérprete e pásase a ser compositor, un creador instantáneo. Dáselle renda solta á imaxinación; unha paisaxe, unha idea, unha emoción, un son... serven de nutrientes para desenvolver a creatividade nun momento concreto espazo/tempo.
Transmitir ou xerar de forma espontánea unha idea ou sentimento a través da música fai que cada concerto sexa irrepetible.

Experimentar de todas as formas posibles, indagar na escoita, as sonoridades dos instrumentos, a súa natureza, explorar a cada instante todas as variables posibles das que se dispoñen. Ser sensibles ao azar ou á sorpresa, moi importante como xeradora de novos camiños musicais, son parte dos métodos de investigación que se utilizan, sendo totalmente orixinal e idiosincrásico do propio cuarteto.