Noticias de Hoy
Fecha: 16/12/2018
Horario: 21:30

Concierto de Michael Dotson (Chicago) en Vigo

Concierto de Michael Dotson (Chicago) en Vigo.

Michael Dotson dende Chicago dará un único concerto en Galicia, será o xoves 16 de decembro na sala Rouge de Vigo dentro do ciclo internacional "Mais Que Blues"

Será o seu único concerto en Galicia, un veterano bluesman que compartiu escenario durante tres anos con Aron Burton e 6 anos acompañando nen mais nen menos que a Magic Slim, ademáis de outros artistas como George Baze , Little Mac Simmons, Big Time Sarah, Granae Louise e Liz Mandeville. Participou na grabación de numerosos álbums xunto a Magic Slim, Aron Burton, Jimmy Burns, Big Jack Johnson, Liz Mandeville ou Granae Louise.

Estamos ante un dos guitarristas mais representativos do West Side Blues de Chicago dende os anos 60, catalogado pola prensa especializada como “O segredo mellor gardado do Blues de Chicago”. A día de hoxe segue gañando adeptos gracias o seu carácter sinxelo e discreto, ese que se transforma en pura enerxía cando se sube o escenario e se fae dono e señor das seis cordas.

Nota Importante: Estará compañado na batería por Adrian Flores un bluesman arxentino que nos 90 comenzou a producir shows de grandes artistas como James Cotton, Honeyboy Edwards, Jimmy Rogers , Larry Mc Cray, Hubert Sumlin e Magic Slim and the Teardrops, con este último a sua amizade foi tal que remataría incluso xirando a sua veira en numerosas ocasións facéndose cargo da percusión.