Otto Tausk ten traballado coas máis importantes orquestras. Como director musical da Orquestra Sinfónica e o Teatro da Ópera de San Gallen, impulsou os seus músicos e cantantes a niveis impresionantes, o que lle valeu a aclamación do público e a crítica. Personalidade musical moi respectada na súa Holanda natal, a habilidade e o coñecemento imbuído da enerxía e o carisma que transmite entre os seus músicos é totalmente contaxioso.
Nikolai Demidenko é famoso polas súas interpretacións do repertorio ruso, e goza dun recoñecemento mundial polo seu virtuosismo, paixón e musicalidade. En 2014 recibiu un doutoramento honorífico da Universidade de Surrey pola súa achega á música e á universidade.
A Orquesta Sinfónica de Galicia (OSG) foi creada en 1992 polo concello da Coruña, cidade en cuxo Palacio da Ópera ten a súa sede, e consolidouse como unha das agrupacións orquestrais de maior proxección en España. O seu director titular é Dima Slobodeniouk e Víctor Pablo Pérez o seu director honorario. A OSG gañou a Medalla de Ouro da Real Academia Galega de Belas Artes e o Premio Cultura Galega da Música 2010 pola súa brillante traxectoria.
Programa
I
ERNŐ DOHNÁNYI (1877-1960)
Minutos sinfónicos
FRANZ LISZT (1811-1886)
Concerto para piano núm. 2 en la maior
Adagio sostenuto assai
Allegro agitato assai
Allegro moderato
Allegro deciso
Marziale un poco meno allegro
Allegro animato
II
GYÖRGY LIGETI (1923-2006)
Concerto romanesc
Andantino
Allegro vivace
Adagio ma non troppo
Molto vivace; Presto
FRANZ LISZT (1811-1886)
Preludios (poemas sinfónicos)