Concerto Hector Lera & Uns calquera en La Pecera
Xa facía tempo que non nos visitaban,e apetecía.
Hector Lera & Uns Calquera, xogan coas verbas, adaptando a denominación da banda ao formato que traen.
Pero non bromean, así como tampouco o fan cós acordes, coas melodías e coas letras das cancións que crean e interpretan, e que estamos encantados de poder vivir en directo outra vez no Boulevard.
Á formación que nos visitou noutras ocasións, agrégase agora un guitarra solista, que dá máis profundidade , acadando un son máis compacto, máis sólido e definido.
HECTOR LERA & UNS CALQUERA son:
Hector Lera á guitarra rítmica e voz principal
Elías ao baixo e voz
Drok á percusión
*a nova incorporación
Christian Tomé á guitarra solista
O cuarteto que nos visita, por si non o sabedes, trae un completo e traballado repertorio, onde comparten estancia o pop, a rumba, o blues e outros ritmos.Unhas cancións que falan do que pasa lonxe, e tamén do que acontece aquí, de homes e mulleres,de pesar , amores e outras cuestións.
Brisas salgadas de veciños de Corcubión, que comparten tamén, anacos da alma que nos é común.
Será un pracer, como sempre, recibilos na nosa casa e prestarnos sinceiros a disfrutar do que Eles fan.
Será este venres 28 ao redor da medianoite.
Como sempre, a entrada libre e de balde.
Boa semana a tod@s.