Un ano máis, a Orquesta Clásica de Vigo pechará o ano celebrando o tradicional Concerto Extraordinario de Nadal. Nesta ocasión a programación estará adicada á figura de L.V. Beethoven con motivo do seu 250 aniversario.
O este programa xirará ao redor dunha obra esencial do compositor: O Concerto para piano e orquestra n.4 en sol maior, que será interpretado por Severino Ortiz Rey, un verdadeiro luxo para rematar o ano.
Será o martes 29 de decembro ás 20:30 e estará a cargo de Manuel Martínez Álvarez-Nava e Severino Ortiz Rey como solista.
*Programa completo por definir en función das posibilidades de distanciamento, seguridade e recomendacións.