Heredeiros da Crus, Ortiga, Andrés Suárez e Guadi Galego conforman o cartel de excepción do novo ciclo musical Porto Maresía: concertos con sabor a sal. A iniciativa celebrarase do 25 ao 28 de novembro en A Coruña e Vigo e nace coa vocación de achegar ao público o son de grandes figuras da escena galega, con seguidores entre diversas xeracións, nunha serie de directos vibrantes e auténticos que se poderán gozar en dous escenarios de referencia: o Auditorio Palexco, situado nos peiraos coruñeses, e o Teatro Afundación de Vigo, un imponente espazo neobarroco próximo ao porto pesqueiro máis importante de Europa. As entradas para os catro concertos que conforman o ciclo Porto Maresía sairán á venda este venres, 8 de outubro, ás 10.00h, a través da plataforma online Ataquilla.com.
ARTISTAS
- Heredeiros da Crus o xoves 25 de novembro ás 21.00 horas no Auditorio Palexco (A Coruña)
- Ortiga o venres 26 de novembro ás 21.00h horas no Auditorio Palexco (A Coruña)
- Andrés Suárez o sábado 27 de novembro ás 21.00 horas no Teatro Afundación (Vigo)
- Guadi Galego o domingo 28 de novembro ás 19.30 horas no Teatro Afundación (Vigo)