Noticias de Hoy
bruitage
Fecha: 02/07/2014
Horario: 21:30

Bruitage

Concierto de Bruitage en Vigo dentro del Festival Imaxinasons 2014 (10º Festival de jazz de Vigo).

Bruitage nace en Barcelona a comezos de 2011 da man do saxofonista Tom Chant, o guitarrista Pablo Rega e o percusionista Javier Carmona. Participan en numerosos festivais avangarde europea e realizan dúas gravacións para o selo Discordian Records. A súa música vai creando paisaxes, violentos e abruptos ou sutís e delicados; a súa escoita esixe atención, ningún son é inocente.

Pero que significa Bruitage? Por un lado, é unha voz francesa que define os efectos de son utilizados no cine. Por outro, tamén significa xerar artificialmente sons para recrear unha realidade. O nome reflicte perfectamente a estética do grupo e a grande cantidade de recursos sonoros que despregan os seus membros, con importantes traxectorias na escena da improvisación europea.

Pablo Rega (A Coruña, 1971) participou en proxectos teatrais como músico /compositor e intérprete em compañías como La Danaus (León), Chevere (Santiago de Compostela) Sociedad Dr. Alonso (Barcelona) e Los Corderos sc. (Barcelona).
Centra a sua actividade na música improvisada e experimental, sendo membro do colectivo Música Libre de Madrid e da orquestra FOCO. Actualmente vive en Barcelona e traballa en diferentes proxectos de música improvisada. Dirixe a orquestra de improvisación O.M.E.G.A. formada por vinte músicos galegos, con sede en Santiago de Compostela e a formación BIB (Banda de Improvisadores de Barcelona), con 14 músicos. Traballa na construción de instrumentos acústicos e electrónicos e nos seus proxectos persoais de electroacústica, centrados na construcción de dispositivos electrónicos sonoros, pezas para electrónica e programación, realizando diversos laboratorios nestas áreas.

Tom Chant é un saxofonista improvisador londinense que vive en Barcelona desde hai anos. Son notables os seus traballos en trío xunto a Eddie Prevost e John Edwards e coa Orquestra de Improvisación de Londres (L.I.O). Completa Bruitage o batería Javier Carmona, que tocou con músicos como Evan Parker, Carlos Zingaro e John Russell. Forma parte da Banda D´Improvisadors de Barcelona e organiza o FIL Málaga, festival de improvisación musical que tamén inclúe danza.

Pablo Rega, guitarrista
Tom Chant, saxofonista