Noticias de Hoy
Alberto Conde
Fecha: 28/06/2014
Horario: 22:00

Alberto Conde

As composicións deste traballo constrúen unha narrativa da evolución da humanidade. O disco Human Evolution Music Project gravouse entre o 14 e o 17 de abril no Auditorio do Conservatorio de Música da Cidade Universitaria de Coimbra (Portugal), será editado pola lusa JACC Records e preséntase en primicia neste décimo Imaxina Sons.

O sexteto é dirixido por Alberto Conde e inclúe ao saxofonista e frautista Xosé Miguélez, o DJ BOULE, a cargo da produción, os músicos indios Shakir Khan, no sitar e compositor dos temas xunto a Conde, e Vikas Tripahi na táboa, máis un convidado de Portugal, o violetista José Valente. O disco inclúe ademais as colaboracións gráficas dos artistas Víctor González e Ramón Trigo. Conde, que en 2013 presentou o seu disco de adaptacións ao jazz da música do compositor brasileiro Héctor Villa-Lobos, volta a mergullarse na fusión que caracteriza a súa traxectoria, na que tradición galega, música clásica e sons orientais déronse a man en máis dunha ocasión. Xunto a el, asinando as composicións deste novo proxecto, Shakir Khan, discípulo do mestre do sitar (e, tamén, seu pai) Ustad Shahid Parvez Khan.

Alberto Conde, piano e composición
Shakir Khan, cítara
Vikas Tripathi, táboa
Xosé Miguélez, saxos, gaita de foles e frauta
José Valente, viola de arco
B.O.U.L.E Dj, produtor musical