Noticias de Hoy
85c
Fecha: 13/03/2016
Horario: 17:00

85C. Vigo e as mulleres artistas

85C. Vigo e as mulleres artistas.

85C nace como proxecto de visibilización do arte silenciado de moitas mulleres, que loitan día a día por un mesmo sentir: que a súa voz se faga oír nunha sociedade que berra sen cesar, que as súas letras soen en voces nunca imaxinadas e que os seus trazos se trasladen dos papeis, os lienzos e as paredes directos ós corazóns.

Queremos ser esa oportunidade que nunca chega, queremos ser esa posibilidade de ser protagonistas e de ser especiais, queremos calar a unha sociedade soterrada na incomunicación para que por un momento se poida comunicar sen palabras, se poida sentir sen prexuizos, se poida soñar sen barreiras e se poida despegar os pés do chan e voar sen medo.

85C está feito para que todos e todas que o desexen poidan sentir o que é a maxia a través do arte dunhas mulleres loitadoras que non saben de chorar pra mamar, que non saben de vivir axeonlladas, e que non queren aferrarse á sumisión que alguén un día lles quixo impoñer.

Tes unha cita co arte
85C non quere que o arte e a creatividade de todas as nosas artistas quede encerrado (atrapado) entre as solapas dunha vella libreta de garabatos. Por iso, a nosa misión particular é levar a súa ilusión, o seu sentimento e o seu esforzo convertido en obra de arte á rúa, para que todas/os os que queirades teñades a oportunidade de poder coñecer, e así aprender a valorar.
En Vigo e as mulleres artísticas queremos disfrutar, queremos disfrutar moito e que disfrutedes connosco, sempre cunha idea filantrópica basada no desexo de fomentar a cultura, e apoiar á xente que sabe convertila en arte.

¿Cando e onde?
Día 13 de marzo, domingo, ás 17:00h.
MARCO ( Museo de Arte Contemporáneo ), Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra.

As artistas en 85C

GRAFITI
Sax

DANZARINAS E MÚSICOS
Swing On Vigo
Soulistic
Paula López
Paula Herrero aka High Paw
Marina Carpente:
María Jorge Bastos
Lucía Cebreiro Mera
Bgirl Lúa
Declaro Danz – Clara
Beehive
Andrea González
Declaro Danz – Alba
Alba Galego