Noticias de Hoy
Fecha: 01/10/2023
Horario: 01:00

Concerto de Asaf Avidan en Vigo

Auditorio Mar de Vigo.

Cinco anos despois da súa última visita a Galicia, Asaf Avidan regresa o vindeiro domingo 1 de outubro para presentar no Auditorio Mar de Vigo o seu novo show en solitario, “Ichnology Solo Tour". Nel dará a coñecer o seu último traballo, “Anagnorisis", publicado no verán do 2020, e repasará a maioría das cancións da súa carreira musical.

Avidan é un artista que une maneiras de cantautor tradicional con sacudidas heterodoxas con vistas ao soul, o blues e o cabaret. Coa canción “One Day/Reckoning Song” saltou á fama mundialmente, sendo número 1 en 14 países. Aínda que o seu talento non se reduce a un só hit, esa canción axudoulle a dar a coñecer a súa música, sen desvarse das formulacións iniciais que mostraba xa no seu primeiro disco en solitario.

O cantante sedutor e cunha capacidade de sorprender que só teñen os grandes goza dunha privilexiada voz ambigua, moi preto dos tons altos femininos. O seu rexistro vocal andróxino, ese blues hermafrodita tan evocador de Jeff Buckley como de Nina Simone, non deixa indiferente a ninguén e deixa asombrado a todos os que o viron en directo. A base de virar por medio mundo deixando pegada con tremendos concertos, foi aumentando a súa base de fans que non fixo máis que crecer, enchendo aforos cada vez máis grandes.

⚙ Configurar cookies