Espectáculo de Joaquín Reyes

Fecha 20-11-2021
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Afundación, a Obra Social de ABANCA, acollerá, no seu Teatro Afundación Vigo o vindeiro 20 de novembro ás 20.30 h, o novo espectáculo cómico de Joaquín Reyes «Festejen la broma». A proposta na que Reyes, un dos grandes representantes do panorama humorístico español, innova a partir da súa esencia chanante, xa conta coas súas entradas dispoñibles en Ataquilla.com. 

Esta nova proposta escénica combinará o carácter máis nihilista de Reyes, tal e como se amosaba no programa co que se dera a coñecer de «La hora chanante», con algunhas alusións aos debates actuais en torno ao humor ou o contexto extraordinario que estamos vivindo. Sempre coa súa xenuína marca cómica, «Festejen la risa» é un canto á necesidade de saber rir mesmo en momentos complexos. 

Publicidad

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×