Cuentacuentos para mayores en Redondela

Fecha 20-09-2018
Hora 19:00
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

CONTACONTOS PARA PERSOAS MAIORES: Os contos da nai da miña nai, con Fátima Fernández – Xoves 20 de setembro, ás 19:00 h.

Trátase dun espectáculo de narración oral para público adulto.
Entrada libre ata encher aforo.

“Hai avoas de moitas alturas, tamaños, pesos e cores. Por iso é fácil diferencialas, pero á miña avoa materna, á nai da miña nai non había xeito de confundila; pasábase todo o día en silencio, sentada na súa butaca, cosendo, pero cando chegaba a noite, trala cea, deixaba ao carón a súa costura e collíame no seu colo mentres a miña nai recollía a mesa.

Os seus brazos e a súa voz envolvíanme con historias que me facían viaxar por estraños países, con animais falangueiros e aventuras misteriosas; sempre pensei que os contos cos que me facía soñar,a ela contáronllos os fíos cos que tecía as súas teas, e a eles as avoas que facían as madexas e a elas…”.

Actividade realizada grazas ao programa Ler conta moito da Xunta de Galicia.

Publicidad

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×