Noticias de Hoy
paco ibañez
Fecha: 09/06/2023
Horario: 01:00 a 01:00

Concierto de Paco Ibáñez

Con motivo do centenario do nacemento do poeta Carlos Oroza, (13-05-1923), o cantautor Paco Ibáñez ofrecerá un concerto o vindeiro 9 de xuño (21.00 horas) no Auditorio Mar de Vigo. Un directo programado dentro da xira que ten preparada para este ano (“Nos queda la palabra”), e coa que rematará en París.

Este concerto enfócase, ademais, con dúas particularidades: por unha banda, o cantautor interpretará catro ou cinco temas en galego, con poemas de Celso Emilio Ferreiro e Antonio García Teijeiro; e por outra banda, será unha homenaxe a Carlos Oroza no centenario do seu nacemento. Algo que será sinalado polo propio Paco Ibáñez dedicando unhas palabras ao mesmo.

A asociación Évame Oroza organizará un acto previo ao concerto en recordo a Oroza, no que diferentes e coñecidos poetas recitarán os seus versos e proxectarase un vídeo de 10 minutos (con Oroza como protagonista). Expoñeranse no auditorio diferentes elementos (fotografías e obxectos relacionados con Oroza e o centenario).

Outro acontecemento importante é a presentación no mesmo concerto dun libro titulado “Oroza 100” publicado pola asociación Évame Oroza onde, cen persoas, escritores, músicos, intelectuais participan cos seus comentarios e/o algunha achega artística sobre o poeta.

En resumo, trátase de organizar un concerto do cantautor Paco Ibáñez, cun valor engadido como é o centenario do Poeta Carlos Oroza.

As entradas para esta homenaxe a Carlos Oroza no centenario do seu nacemento xa están á venda a través de www.teuticket.com