Noticias de Hoy
Sin título 1
Fecha: por determinar
Horario: por determinar

Crea Vigo 2018

Crea Vigo 2018

"CreaVigo" é un proxecto de creación artística en directo que mestura
manifestacións de artes plásticas, ilustración, música e danza, en espazos
públicos da cidade de Vigo, que discorre de forma paralela ao proxecto de
arte urbana e graffiti "Vigo, Cidade de Cor".
DEMOCRATIZAR, PARTICIPAR, ACHEGAR!

¿Cando e onde?

Tres xornadas no mes de maio e desenvolverase en espazos público

Programa

Xoves 24 maio 

ARTE CONTEMPORÁNEA:
· Proxecto “Vigo’s Pattern” de HÉCTOR FRANCESCH

Instalación artística de “pintura expandida” con iconos populares da
cidade de Vigo. Consiste na realización dun pattern de grandes
dimensións no chan da praza, na zona da terra, en colaboración co IES
Politécnico e a Fundación Igualarte. Técnicamente levarase a cabo
mediante “modelos” de cartón sobre as que se aplicará un material de
morteiro de cores en pó a modo de estarcido.
ONDE? A partir das 10.00h na Praza Compostela.

 

MÚSICA:
· Actuación “O Bloco Afro” do TRÓPICO DE GRELOS

O Bloco Afro é un dos espectáculos de rúa máis soados de Trópico de
Grelos. A súa cadencia crea un ambiente tinguido de rotundidade e
ritmos alegres de Salvador de Bahía. Está acompañado de coreografías,
que fan deste desfile musical unha actuación moi animada e, polo tanto,
unha auténtica festa. Caracterízase pola súa contundencia e diferénciase
do resto dos espectáculos, polos seus fraseos ó unísono e a conversa
instrumental entre graves e agudos, que fan esta función especialmente
festiva.
ONDE? Saída dende o Sireno ás 19.30h.

 

Venres 25 maio 

ARTE CONTEMPORÁNEA:
· Proxecto “#MorfoloxíasDiversas” de MERY PAIS

Instalación artística realizada en colaboración co alumnado do IES
Castelao e do IES Valadares, traballando os conceptos de integración, o
bullying, o racismo e a multiculturiedade. Por medio da técnica do
collage, xeraremos figuras a escala humana con fragmentos de prendas
rescatadas de outras culturas e rostros diversos, co fin de fusionar
personaxes que sinteticen e mesturen diferentes imaxes multiculturais,
rompendo esteoreotipos e prexuízos.
ONDE? A partir das 10.00h na Rúa do Príncipe.

 

 

MÚSICA + DANZA:
· Actuación MUUM MÁIS DANZA

Música e Danza en vivo, que mestura contemporaneidade e ritmos

tradicionais peninsulares. Son, voz e electrónica engadida ao movemento.
MUUM é mestura de atmósferas e ambientes sonoros de percusión,
guitarra, electrónica e voces. O Dúo MUUM xurde en 2015 froito da
colaboración artística e musical entre Manuel Fonte e María
Move. Comeza a súa viaxe conxunta ca composición e grabación de
música para espectáculos escénicos de danza e novo circo. Nos seus
traballos misturan as atmósferas e ambientes sonoros, con electrónica e
voces, dando unha personalidade especial ás súas composicións, e
xenerando unha liña sobre a que MUUM camiña. Dende 2016 optan por
darlle brillo á música e ritmos tradicionais da terra galega. Nesta ocasión
amplianse coma Trío musical engadindo a Guillermo Cortiñas
(electrónica), e ofrecen a súa música acompañada da danza
Contempoánea en colaboración cas bailarinas Nuria Sotelo e Cris
Vilariño”.
ONDE? Ás 19.30h na Rúa do Príncipe, diante do MARCO

 

Sábado 26 de maio 

ARTE CONTEMPORÁNEA:

· Proxecto “Lapso” de ROMÁN CORBATO

A proposta consiste en acotar un espazo da praza. Proponse unha peza
escultórica como “lugar de reflexión” entre a cidade, a súa arquitectura e
a natureza domesticada da alameda. Construirase un filtro circular a base
de barras metálicas que velará parcialmente as vistas do interior e o
exterior da peza xerando certo estrañamento cos viandantes así como
novas perspectivas deste espazo urbano. Realizada en colaboración co
alumnado da Escola de Artes e Oficios.
ONDE? A partir das 10.30h na Praza Compostela.

 

 

ILUSTRACIÓN:
· Obradoiro “DebuxaVigo: Historias urbanas” con ISABELL SEIDEL

"Hai tantas realidades como puntos de vista. O punto de vista crea o
panorama.“ Partindo desta cita do filósofo José Ortega e Gasset
buscamos as historias da cidade que nos conmoven e as contamos e
interpretamos á nosa maneira. Na primeira parte do obradoiro, a
ilustradora fará unha demostración in situ na Praza da Princesa. Explicará
os aspectos relevantes do seu proceso creativo con especial atención á
deformación arquitectónica tan característica no seu traballo de
ilustración. Na segunda parte guiará ao grupo de participantes a dous
espazos urbanos para poñer en práctica os aspectos ilustrados
anteriormente. Aclarará dúbidas e ofrecerá atención personalizada para
as persoas participantes que o desexen.
ONDE? Ás 11.00h, saída dende a Praza Princesa.

 

 

DANZA + CIRCO:
· Espectáculo “Up2Down” de CÍA.TRASPEDIANTE

Trátase dun espectáculo de danza-circo contemporáneo no que o humor
e a danza interactúan cunha disciplina circense nova en Galicia: o
funambulismo. As bailarinas Marta Alonso & Paula Quintas interpretan a
dúas personaxes definidas polo seu estatus antagónico: “o alto e o baixo”;
A FUNAMBULISTA – etérea e ideal, e A PAIASA – terreal e mundana. Xunto a
elas, percorrerás unha viaxe emocional a través dos seus desexos e
aspiracións ata que alcanzan un punto de encontro: o equilibrio.
ONDE? Ás 13.30h na Praza Princesa.

 

 

MÚSICA:
· Actuación “Music Is Life” do RENDI NUE

Cantante y MC, reside en Santiago de Compostela. Dende moi nova se
interesa por diversos estilos musicais, como o blues, o soul, o jazz, o reggae,
a mestizaxe…
Centrando o seu estilo na música urbana, comeza a compoñer rap,
combinando con outros estilos musicais como o dub, a electrónica, o r&b,
etc. A música toma unha parte importante na súa vida como medio de
expresión e de revolución, compoñendo letras cun importante contido
social e persoal, intimista e atmosférico. Na súa traxectoria formou parte
como vocalista do grupo de rap-metal “La Suite F” ata a súa disolución en
2013, cando Rendi Nue continúa súa carreira en solitario.
ONDE? Ás 19.30h na Rúa do Príncipe, diante do MARCO

E
Hector Frabcesch
trópico de grelos
mery pais
muun mais danza
roman corbato
2015122923151613938
cia traspediante (2)
rendi nue