Noticias de Hoy
the wild 2022 vigo
Fecha: 08/07/2022
Horario: 01:00 a 01:00

The Wild festival

A cuarta edición de The Wild festival, promotor da defensa da naturaleza, presenta a súa nova edición de 2022 do 8 ao 10 de xullo en San Miguel de Oia (Vigo) e da a coñecer aos primeiros artistas musicais do eventos.

Corizonas

O que comenzou como unha insólita colisión entre dúas bandas tan dispares, musical e xeracionalmente, como Arizona Baby e Los Coronas (Dúas Bandas e Un Destiño) só podía converterse nunha fulgurante traxectoria dunha nova proposta musical, habitual nos principais festivais de verán, cun riff demoledor de guitarras ácidas que cabalgan a tormenta sónica que só unha banda como Corizonas é capaz de conxurar.

Aurora & The Betrayers

Esta banda é unha especie de rara avis de calidade indiscutible e personalidade irresistible. O é porque soubo poñer a mirada no pasado e aderezando o seu son cara a un toque persoal e arriscado. A maxia e enerxía dunha voz inconfundible, a de Aurora García, un ciclón de alma soul e rock a partes iguais.

Moonshine Wagon

Esta é unha formación moi peculiar, fáciles de recoñecer polo seu estilo tan persoal e polo seu inesgotable e contaxiosa enerxía no seu directo. O estilo musical da banda baséase nunha mestura de bluegrass (folk americano) acelerado e punk acústico a coro.

Aphonnic

Se hai unha banda que saiba diferenciarse e que sexa experta en asomar o fuciño por encima do resto de raposos, eses son os vigueses Aphonnic. O seu potente son en directo e a súa irresistible posta en escena, acompañada con bases de samplers, dan un toque máis conceptual.

A Roda

Naceu en 1976, formado por amigos que adoitaban cantar nas tabernas. Toda unha vida dedicada a promover e difundir a música galega e o noso patrimonio cultural inmaterial. Lendas vivas do folklore galego.