The Wild 2020 en Vigo

Fecha 26-06-2020 a 28-06-2020
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

The Wild 2020 en Vigo.

The Wild, un evento multidisciplinar e sustentable cheo de actividades para todos os gustos, desde concertos, andainas, e xogos para os máis cativos ata cine de natureza, faladoiros e arte, manterase fiel aos seus valores, por iso seguirán apostando por levar a cabo diversas accións sostibles co medio ambiente.

THE WILD FEST
Non cabe dúbida que The Wild Fest tivo unha primeira edición moi satisfactoria. Máis dun millar de persoas acudiron do 28 ao 30 de xuño a San Miguel de Oia co fin de participar na andaina solidaria, coñecer de primeira man empresas galegas sostibles, gozar de boa música ou emocionarse co cine de natureza. Por suposto, os máis cativos tamén tiveron a ocasión de pasar un moi bo rato mentres aprendían o importante que é coidar o medio ambiente.

Así, tras o éxito do certame de 2019, na vindeira edición The Wild buscará asentarse como un festival multidisciplinar e sostible de referencia na comarca de Vigo.

Publicidad

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×