Noticias de Hoy
20180420 Lolo e Mama
Fecha: 20/04/2018
Horario: 22:00 a 22:00

Teatro: Loló e mamá en Vigo

Teatro: Loló e mamá en Vigo

Margot, nai de Loló, queda no paro e decide instalarse na casa da súa filla, a un océano de distancia. Pero o que parecía unha idea xenial que axudaría a xuntar a unha familia desestruturada desde sempre, axiña muda en desastre. Como acolle unha filla a volta da súa nai? Quen é a nai e quen a filla cando é esta última a que ofrece casa e sustento? Canto tempo pode pasar até que esta bomba de reloxería estoupe definitivamente? Loló e Mamá fainos ver, grazas a un humor fino e acedo, que as cousas case nunca son máis difíciles do que nos gustaría e sobre todo, que o amor é unha arma de dobre fío: canto máis se ama, máis se sofre.