Noticias de Hoy
286622_description_Chapito_paint
Fecha: 13/10/2017
Horario: 22:00 a 22:00

Teatro: Electra en Vigo

Teatro: Electra en Vigo

Despois de Edipo, a Companhia do Chapitô atrévese con outro título complexo (que non complicado) dentro da traxedia grega: Electra.

Na Atenas do rei Agamenón convócase unha guerra para liberar a bela Helena das garras do seu secuestrador (ou non, que hai quen di que se foi con Paris encantada da vida). Ao non ter vento favorable para os seus barcos, Agamenón sacrifica a súa filla Ifixenia por indicación dos profetas. Este feito desencadea que Clitemnestra trame a súa vinganza xunto a Existo, o seu amante e primo do rei. Tras dez anos de guerra, ao volver de Troia, Agamenón é asasinado, e Electra, coa axuda do seu irmán Orestes, víngase asasinando os amantes. E todo este baño de sangue, con mooooooiiiiitas culleres, está en clave de comedia esmendrellante. Estilo Chapitô.