Noticias de Hoy
3x3
Fecha: 01/03/2019
Horario: 21:00 a 21:00

Programa Especial 3x3

Programa Especial 3x3 en Vigo.
3 ESPECTÁCULOS, 3 DISCIPLINAS ARTÍSTICAS, 3 ESPAZOS

 


SORPRESA

Lugar: vestíbulo
Compañía: Enconarte Producciones
Autoría: Arantxa Treus e Déborah Vukušic
Dirección e escenografía: Déborah Vukušic
Vestiario: Jandro Villa
Voz en off de Álvaro: Xurxo Cortázar
Elenco artístico: Arantxa Treus

Nora ten preparada a festa polo 40 aniversario do seu home; unha festa sorpresa á que vindes compañeiros, familiares e amigos da parella. Excitada, entra coa torta, ultimando os detalles para que todo saia perfecto pero, u-lo Álvaro?


UNHA ROSA ENTRE AS PERNAS

Lugar: Camerinos
Compañía: Teatro En Punto
Autoría: Afonso Becerra de Becerreá
Dirección e deseño de iluminación: Gloria Rico
Elenco artístico: Xosé Luis Bernal “Farruco” e Roberto Leal

Dúas persoas. Unha situación cotiá ou non, depende de para quen. Un espazo íntimo. Queredes acompañarnos?


HOY PUEDE SER MI GRAN NOCHE

Lugar: escenario
Compañía: Teatro En Vilo
Autoría e dirección: Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez
Espazo sonoro: Nacho Bilbao
Iluminación: Juan Diego Ayala
Vestiario: Singrid Blanco e Candela Ibáñez Ladrero
Elenco artístico: Noemi Rodríguez

Esta comedia tráxica é un berro na historia, un canto aos perdedores, aos que non deixan nunca de esperar o seu momento. Neste espectáculo, unha soa actriz desprégase en infinitas voces e personaxes para converter o público en testemuña da loita da súa protagonista: unha muller nova, abafada pola altura dos seus soños e ambicións, obsesionada coa idea de éxito e de poder.