Malasombra Producións presenta: D.E.P. en Vigo

Fecha 22-03-2019
Hora 21:00
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Malasombra Producións presenta: D.E.P. en Vigo.

D.E.P. é unha trepidante comedia na que se nos amosa con moito humor o egoísmo, a mentira e o engano entre irmáns ante a repartición dunha herdanza. Uns seres humanos que nos amosan o seu lado máis cruel ante a disputa de bens materiais: “que mamá morra axiña por favor!”.

D.E.P. amosa unha situación ben recoñecible polo espectador: a pelexa pola herdanza. Pero aínda hai algo que a fai moito máis singular e é que neste caso a herdanza é dunha nai que aínda non está morta. Quen non soubo de pelexas entre irmáns por este motivo?

Como din os expertos: “Unha herdanza sen problemas non é herdanza, senón milagre”. Ou como dicían as nosas avoas: “A quen Deus non lle dá fillos, o demo dálle sobriños”. Isto é D.E.P., unha comedia, claro

Publicidad

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×