Gran acendido: As outras luces de Vigo 2019

Fecha 5-11-2019
Hora 20:15
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Gran acendido: As outras luces de Vigo 2019.

Este ano, adiantámonos a Caballero e seremos os primeiros en prender as luces. O evento terá lugar o martes día 5 de novembro ás 20.15 na rúa Príncipe (diante do Museo MARCO). Tratarase, iso si, dunhas luces algo singulares. Pode que non sexan tan rechamantes, pero brillan sen necesidade de electricidade.

O showman vigués Tony Lomba será o encargado de dinamizar o acto e prender as luces. Artistas locais como Antonio Durán ‘Morris’, Marta Larralde, Ledicia Costas, Xosé Manuel Méndez Ferrín, Silvia Superstar, Patricia Moon, María Xosé Queizán, Eladio Santos, Julián Hernández, Silvia Penas, Lupita Hard e Kaixo estarán presentes.

As outras luces de Vigo estarán acesas ata o domingo 10, data en que nos retiramos para dar paso á madrugadora iluminación natalicia.

Publicidad

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×