Noticias de Hoy
garage
Fecha: 23/02/2018 a 24/02/2018

Garage en Vigo

 

Garage en Vigo

A compañía Voadora segue explorando a utilidade do teatro, o seu vínculo co presente máis cotiá e o seu efecto transformador nas comunidades. Tras o éxito internacional do seu anterior proxecto Don Juan, presentan agora Garage, unha investigación poética sobre o cambio de rol da figura da muller no marco socioeconómico europeo.

Un espectáculo protagonizado por traballadoras da industria automobilística, resultado dun conxunto de entrevistas realizadas nas fábricas na procura das mulleres e as súas circunstancias.

Un choque frontal entre unha compañía de teatro e unha comunidade, entre habitantes de distintas xeracións, entre o xeral e o particular, desdibuxando os límites dese concepto sumamente abstracto que chamamos economía e a súa tradución aos pequenos espazos cheos de graxa e pezas de desgüace, onde se fragua a vida das persoas e a súa problemática na Europa contemporánea.

O espectáculo é un encargo orixinal de MA Scéne nationale – Pays de Montbéliard para abrir a tempada 2017-2018. Estreouse en Francia no Théâtre de Montbéliard coa participación de persoas vinculadas á fábrica PSA Peugeot Citroën Sochaux, a máis antiga de Europa.