Festival 85C Vigo e as mulleres artistas

Fecha 26-08-2017
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Festival 85C Vigo e as mulleres artistas

PROGRAMACIÓN DETALLADA 85C:

-Espazo: Mercado Progreso 41:

11:30h CONTACONTOS INFANTIL con Charo Pita!
coa achega de 5 euros contribuídes a sufragar os gastos de desprazamento das artistas e ENTRADES NO SORTEO DUN LIBRO SORPRESA!!

12:30h CONTACONTOS sesión vermú con Eli Rios
Fóra o mito que de os contacontos son só infantís! SESIÓN VERMÚ da man de Eli Ríos adaptada a todo o mundo e, en especial, ás persoas máis adultas da familia!

-Espazo: Detrás do Marco

17:00h: Dúas gamberras e un micro: “A revolución das mulleres floreiro”
Nuria Vi (Vil Vilana) e Vanessa Glemsel : A volta de torniquete aos recitais poéticos. A poesía non está só nos libros e por iso enchemos as rúas de versos. Non sabemos de pombas nin de frores.
Aptas e recomendadas a toda a familia!”

18:00h PERFORMANCE E DANZA
Dende as 18h enchemos espazo de “Detrás do MARCO” de danza, sentimento e moita intervención escénica!

⁠⁠⁠⁠1- Clara Ferrao Diz (Declaro Danza) – “Pies de plomo”
2 – Acacia Ojea – “Anomalías”
3- Raquel FV – “El si está en todo “
4- Xandra Táboas – “Íntimo común múltiplo”

 

– Espazo: dentro da cafetería Detrás do Marco

20:00h CURTAMETRAXES
Para darlle algo de calma ao corpo, DENTRO DA CAFETERÍA proxéctanse as curtametraxes de:

1- Iria Silvosa + Aldara Pregue – “LAR”
2- Sara Iglesias – Videoclip de Bosnia y Herzegovina “Avecrem”
3- Anxos Efe – “Laiaseva”
4- Lucía Estévez – “Cristalina”

20:45h Cintaadhesiva:
“Proxecto literario-musical, que sobre o fío condutor da música de Jesús Andrés Tejada e Pablo Muñíz e ovídeo de Area Erina , os textos de Silvia Penas Estàevez van dotando de significado as melodías, os ritmos, a cadencia e as imaxes. Trátase dunha totalidade orgánica onde texto, música e vídeo non se acompañan, senón que tratan de fundirse e confundirse. Incluso ás veces o recitado convértese en canción.”

 

– Espazo: Master Masterclub vigo

23:00h: JAM ABERTA
BANDA ANFITRIONA “DI- BASS ENSAMBLE” + CORROS DE DANZA URBANA

A “Di-Bass Ensamble” une de novo forzas e musicalidade para o reto desta noite: sacar o mellor das bailarinas conectando directamente cos seus corpos. As vibracións serán casi saboreables na combinación de ventos metais, violíns, batería e baixo, guitarra,teclados e voces. En resumo: luces, suor, disco e moita música negra que nos devolve aos 80 e 90’s!

Sumado a isto máis caña! COMPETICIÓN DE CORROS DE DANZA URBANA!

As bailarinas de hip hop convidadas danzarán TODO O CONCERTO E A JAM! Cada unha terá unha pulseira que funciona a modo de voto. Predominará humildade ou estratexia? As pulseiras irán rotando entre bailarinas, de xeito que cada unha delas entregará a súa pulseira a quen pense que o mereza máis pola súa creatividade, técnica e adaptabilidade á música!
Unha vez remate o concerto, a bailarina con máis pulseiras acumuladas gañará o premio SORPRESA!

ADEMAIS! Podes participar nos corros sexas quen sexas! Son admitidas todas as formas de expresión humana (cremos que á sala Master Club non poden pasar animais non humanos). A persoa, fóra da competición, que máis cative e sorprenda aoxurado segredo, gañará un premio sorpresa 😀

Lembramos que coa achega de 5 paviños da entrada axudades a que o evento se faga posible!

3.00h Monk Blues Cóctel Bar
Como sabemos que todo isto non é nada a iso das 3 da mañá trasladamos esbardalle ao Monk Blues con DJ sorpresa para pasar o que quede de noite movéndonos!

PARA MÁIS SORPRESAS PRESTADE ATENCIÓN AO EVENTO E ÁS REDES!

Publicidad

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×