Facendo o Indio en Vigo

Fecha 10-02-2019
Hora 18:00
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Facendo o Indio en Vigo.

Este espectáculo conta os costumes ancestrais, a forma de vida dos indios americanos e os coñecementos adquiridos tras xeracións, desde a visión de: “Todo o que non deberías facer se es un indio americano…”.

Un repaso á cultura das tribos de indios americanos, na que a nosa tribo dos “pesgrandes” intentan non extinguirse e loitar contra o seu peor inimigo: eles mesmos!

Un espectáculo no que, os protagonistas, coa axuda do público se verán realizando accións cotiás, do xeito máis inverosímil…, o que nos levará a tolas e divertidas situacións cheas de risos, accidentes e moi malas decisións.

Galitoon recupera con Facendo o indio a súa particular visión do teatro de humor xestual, con esta tola e divertida proposta chea de música, situacións absurdas, interacción directa co público, e por suposto, o seu característico selo dos monicreques e distintas performances nas súas propostas de teatro familia.

Publicidad

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×