Exposición en Vigo: Superpoderes. David Aja e David Rubín

Fecha 25-04-2019 a 6-07-2019
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Exposición en Vigo: Superpoderes. David Aja e David Rubín.

ABANCA e Afundación, en colaboración co Museo Patio Herreriano, presentan no Teatro Afundación de Vigo a exposición «Superpoderes. David Aja e David Rubín». Con motivo deste proxecto expositivo, David Rubín realizará unhaintervención pictórica na propia sala durante o día de mañá xoves 25 de abril, aberta á asistencia de medios gráficos a partir das 11.00 h. A presentación a medios terá lugar o venres 26 de abril, ás 10.30 h, cun acto no que participarán o propio David Rubín; o comisario da mostra, Asier Mensuro; o director de Marketing, Intelixencia e Dixital de ABANCA, Jorge Mahía; e a coordinadora da Área de Cultura de Afundación, Marité Cores.

A mostra conforma un percorrido por máis de 350 obras que reflexionan sobre o
símbolo do superheroe no século XXI a través de dous dos artistas máis importantes do panorama actual de autores de banda deseñada, tanto nacional coma internacional,que desenvolven a súa carreira no mercado norteamericano: David Aja e David Rubín.

Entre outros, neste proxecto expositivo poderase gozar dos traballos máis importantes para a editorial Marvel de Aja, como Inmortal Iron Fist, Haweye, Wolverine, Avengers ou Captain America; ou das obras de Rubín El Héroe, Aurora West, un spin off da popular serie Batling Boy de Paul Pope, ou ilustracións de personaxes como Batman ou Spirit.

Publicidad

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×