Encordass Fest na Illa de San Simón

Fecha 2-07-2021 a 4-07-2021
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Encordass Fest é un evento que ten as súas orixes na realización dende 2015 do curso internacional Encordass para instrumentistas de corda no singular espazo da illa de San Simón. Suporá o remate do curso, que se celebrará na illa dende o venres 2 de xullo, e que este ano ten como país invitado a Italia. A Orquestra Encordass, creada cos alumnos máis avanzados e os mestres do curso será o broche final do festival. 

Organizado pola Asociación Cultural Galicia Fiddle, o festival ofrece unha experiencia única e exclusiva que aúna á perfección música, turismo e cultura, con dúas modalidades distintas de entrada, unha reducida e outra máis completa, que oscilan entre os 30 e os 50 euros.

Ámbalas opcións inclúen o desprazamento en barco dende Meirande (Rande), pola súa cercanía a Vigo e as facilidades de aparcamento.

A experiencia completa inclúe actividades tales como unha visita guiada pola illa, micro-concertos en distintas localizacións da illa, ruta en barco pola ría de Vigo amenizada con música ao vivo, degustación da man da bodega Terras Gauda e showcooking de Alhambra para todos os participantes.

No apartado musical, o Encordass Fest destaca polo seu cartel único, dada a súa focalización na corda, con artistas artistas de renome internacional : Remy & Vincent Boniface (violín & diatónico), Ilio Amisano & Francesco Busso (zanfona & diatónico), ou Sergio Caputo (violín); Anxo Pintos e Begoña Riobó (zanfona & violín); o mandolinista portugués Luis Peixoto ; a violonchelista catalana Marta Roma; e a xove promesa do canto galego Claudia Abril,  xunto con Livia Taruffi, da rexión de Lazzio.

Ofreceranse micro-concertos dentro da experiencia completa e o concerto principal, que terá lugar no escenario do Campo das Alocucións, complementarase pola orquestra de corda do Encordass Fest, formada por máis de 50 músicos sobre o escenario.

Só se poñerán á venda duascentas entradas do que será o primeiro dos festivais de verán que se desenvolven en Galicia este ano. A venta das mesmas comezará ás 12:00h do xoves 24 de xuño na páxina web da Asociación Galicia Fiddle: www.galiciafiddle.com  ou na plataforma Eventbrite.

 

Publicidad

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×