Noticias de Hoy
358344_description_commedia2
Fecha: 01/02/2019 a 02/02/2019

Contraproducións presenta en Vigo: Commedia

Contraproducións presenta en Vigo: Commedia.

 

1 y 2 de febrero a las 21:00 horas.

En 1993, na Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, estreábase Commedia un xoguete para Goldoni, un espectáculo que acabou sendo un dos fitos do teatro galego. Máis de 200 funcións en xira por España, Portugal e Francia. Hoxe, 25 anos despois, repetindo no posible o mesmo equipo creativo, Contraproducións revisita aquela experiencia, celebrando aquela festa teatral. Arlecchino encontra unha carta de amor no mandil da súa muller e, erradamente, pois a carta non era para ela, pensa que ela o engana. Desesperado, quere matarse. Pero deteno unha misteriosa voz que vén de ningures e que lle dá un anel máxico que ten a extraordinaria propiedade de facer perder a memoria a quen o pon. Arlecchino esquéceo todo. Pero, como dano colateral, esquece tamén a noción das convencións sociais. A partir deste arranque argumental sucédense unha serie de divertidos equívocos e enxeñosos enredos nos que participan algunhas das principais figuras da Commedia dell Arte: o cutre taberneiro Brighella, o pedante Dottore, o avaro Pantalone, o fanfarrón Capitano, a encantadora Arxentina... Un argumento que, máis alá do imprescindíbel alarde formal e lúdico, dá pé para xogar criticamente cos manidos tópicos do amor romántico e os riscos do exercicio indiscriminado da sinceridade.