Noticias de Hoy
Unhas poucas picadelas
Fecha: 03/03/2017
Horario: 21:00 a 21:00

Unhas poucas picadelas, en Vigo

Unhas poucas picadelas, en Vigo.

Unhas poucas picadelas afonda no terreo da violencia de xénero e, de maneira moi concreta, na violencia que exercen os homes sobre as mulleres. Non hai unha historia concreta, convidándonos a dar cabida a miles de historias reais e anónimas, todas as historias de violencia machista que acaban en asasinato e todas as que, sen morte física, acaban aniquilando vidas.

O detonante da peza é un recorte dun xornal que narra a nova do que foi un asasinato dunha muller por parte da súa parella. Isto deu lugar ao cadro homónimo de Frida Khalo, no que se ve unha muller tendida sobre unha cama co corpo perforado polo coitelo dun home que mira para ela. Destila o titulo a idea de que “non foi para tanto”, vaia, que non foron máis ca unhas poucas picadelas.

A partir dese elemento, a autora propón unha reflexión directa e intelixente sobre a cuestión, metendo o dedo na chaga de moitos dos tópicos que, por desgraza, seguen a amparar este tipo de comportamentos violentos.

Compañía: Teatro de Ningures
Espectáculo: Unhas poucas picadelas
Idioma: galego
Idade recomendada: público adulto
Duración: 70 minutos
Prezo: 5 €