idealo Top Deals 728x90

Carnaval de Pontevedra 2018. Programa completo

Fecha 9-02-2018 a 24-02-2018
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Carnaval de Pontevedra 2018 / Entroido de Pontevedra 2018

Estamos na contra atrás para o Entroido. Hoxe a concelleira de Festas, Carme da Silva, presentou o cartaz do Entroido 2018 e a programación das festas que teñen na retranca, no que parece e non, na crítica e no humor a súa identidade. Xunto a ela estaban os autores do cartaz: Din Matamoro e Kiko da Silva.

O Entroido pontevedrés comezará o venres 9 de febreiro e cunha importante novidade: a lectura do pregón trasládase a praza da Ferrería co fin da dar cabida ao cada vez máis numeroso público que dende o minuto un súmase á festa. “A Verdura quedou pequena e incómoda” explicou a concelleira Carme da Silva.

O desfile do Entroido (sábado, 10 de febreiro), a presentación do loro Ravachol (luns, 12 de febreiro), o Entroido Infantil e a Noite Pirata (martes, 13 de febreiro), os concursos de Murgas e Parodias e o velorio e enterro do Ravachol (sábado, 17 de marzo) son algunhas das citas imprescindibles da festa.

O debuxante Kiko da Silva e o artista e académico de Belas Artes, Din Matamoros cualificaron de “emocionante” a colaboración para a creación de cartaz onde a capacidade de ver cousas onde os máis non as ven, a imaxinación e o amor pola terra van de man. Pan, aceite -comida en definitiva- e unha homenaxe a Sargadelos conflúen nunha imaxe icónica do Entroido local e de Pontevedra: o Ravachol e A Peregrina.

Programa completo ENTROIDO 2018

VENRES 9 DE FEBREIRO

  • 20h00  Praza da Ferraría. Degustación de filloas de Entroido
  • 21h00 Praza da Ferraría. Recepción do alcalde a Urco, rei do Entroido, quen chegará a Pontevedra acompañado do seu séquito e das comparsas Os Canecos, Amoriños de Bora, Las Flores del Carnaval, Os Solfamidas e Os Paparrulos. Lectura do pregón a cargo da agrupación Os do Val do Lérez

SÁBADO 10 DE FEBREIRO

  • 11h00 Pasarrúas polo centro histórico da comparsa Os Canecos
  • 16h00 José Malvar. Concentración dos participantes no desfile para realizar a inscrición e recollida do número de participación
  • 17h00 Desfile do Entroido. Saída dende a rúa José Malvar; percorrerá as rúas Loureiro Crespo, Benito Corbal, Peregrina, Michelena, praza de España e rúa  Alameda
  • 20h00  Praza da Ferraría. Celebración da festa do Entroido durante a que se fará entrega dos premios do concurso de disfraces en cada unha das modalidades.

LUNS 12 DE FEBREIRO

  • De 10h00 a 20h00 IV Campamento Urbano “Entroido Pirata” Para nenas e nenos de 8 a 12 anos. Inscrición no Casino Mercantil e Industrial (praza de Curros Enríquez) teléfono: 986 851 670
  • 17h00 Praza da Verdura. Obradoiros de xogos e disfraces
  • 19h30 Praza da Peregrina. Presentación do loro Ravachol. Recreación da botica de don Perfecto Feijoo. Actuación: Comando Foucellas.
  • 21h00 Pazo da Cultura. Primeira eliminatoria do XXVII Concurso de Murgas

MARTES 13 DE FEBREIRO

  • De 10h00 a 20h00 IV Campamento Urbano “Entroido Pirata” Para nenas e nenos de 8 a 12 anos. Inscrición no Casino Mercantil e Industrial (praza de Curros Enríquez) Teléfono: 986 851 670
  • 16h30 XXIII Festa da Filloa, Concurso de Filloas. Organiza: Radio Voz. Promove: Concello de Pontevedra. Casa da Luz
  • 17h00 Praza da Ferraría. Festa Pirata de Entroido Infantil. Animación infantil con Rivel, e varios DJ
  • 22h00 Noite Pirata. Desembarco da tripulación do Burla Negra no centro histórico. Amosa o teu lado pirata! Únete ao Pirata da Moureira! Asociación Combrus e Troula.

A continuación animación de rúa coas comparsas:

  1. Os da Caña
  2. Solfamidas
  3. Las Flores del Carnaval
  4. Os 100 Tolos
  5. Os Paparrulos
  6. Os Canecos
  7. Amoriños de Bora
  8. Olodum do Coio
  9. Vamos a Todo
  10. Equipo Ja

MÉRCORES 14 DE FEBREIRO

  • 17h00  Praza da Peregrina. Obradoiro: As máscaras de Ravachol
  • 17h00  Campo da festa de Cabaleiro. Recuperación do Entroido tradicional de Campañó. A Corrida da Rosca
  • 18h00  Centro Cultural de Campañó. Festival infantil do Entroido
  • 18.00 Discoteca Daniel. Baile de disfraces para persoas maiores. Orquestra Bahía
  • 19h00 Recreación da botica de don Perfecto Feijoo. Ambientación a cargo da Aula de Teatro Municipal e persoeiros relevantes da época na cidade. Actuación de Comando Foucellas
  • 21h00  Pazo da Cultura. Segunda eliminatoria do XXVII Concurso de Murgas

XOVES 15 DE FEBREIRO

  • 21h00 Pazo da Cultura. Final do XXVII Concurso de Murgas

VENRES 16 DE FEBREIRO

  • 22h30 Prazas e rúas da cidade. XXIII Mostra da Parodia do Entroido
  • 01h00 Praza da Ferraría. Entrega de premios da XXIII Mostra da Parodia do Entroido

SÁBADO 17 DE FEBREIRO

  • 12h00 Praza da Peregrina. Recreación da botica de don Perfecto Feijoo, actuación de Foula e Os Alegres
  • 18h00 Praza da Verdura. Comezo do velorio de Ravachol na sala mortuoria. Prégase a asistencia de loito rigoroso.
  • 21h00 Saída do cortexo fúnebre dende a praza da Verdura acompañado do seu séquito e das comparsas Amoriños de Bora, Os Canecos, Os Paparrulos, Os Solfamidas, Os 100 Tolos, Las Flores del Carnaval, Vamos a Todo e Os da Caña percorrendo as rúas San Román, Ferraría, paseo Antonio Odriozola, Soportais, Manuel Quiroga, Princesa, Sabela II, Rúa Real, Sarmiento, Pasantaría e praza da Ferraría

VELORIO INFAUSTO

  1. Cabodano das honras fúnebres do fenecido Ravachol. Praza da Ferraría
  2. Procederase á incineración do finado. Na súa honra terá lugar unha sentida coroa fúnebre, cun espectáculo necrolóxico.

Programa:

  1. Introito coa lectura dunha elexía para o finado
  2. Ilusión Compañía
  3. Celme, danza da morte
  4. Saeta Val do Lérez
  5. Incineración do loro Ravachol

VI XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA

LUGAR: Casa da Luz

HORARIO: 18h30 a 21h00 

DATA: 23 E 24 DE FEBREIRO

Exposición fotográfica sobre o Entroido de Galiza. Aberta mañá e tarde

VENRES 23 DE FEBREIRO

18h30 Apertura das xornadas

18h45 Conferencia Daniel González: “O Entroido de Brandariz”

19h30 Conferencia José Carlos Pires: “O Entrudo na Serra d´Arga (Portugal)”

20h15 Roberto de la Torre: Presentación do seu traballo fotográfico “Mascaradas da invernía na Península Ibérica”

SÁBADO 24 DE FEBREIRO

18h30 Conferencia de Juan Carlos González e Iván Gónzalez: “Sentimento, volantes e campaíñas no Entroido de Santiago de Arriba”

19h15 Conferencia Rita Blanco: “Os Felos de Maceda”

20h00 Conferencia Maika Rodríguez Domínguez: “O Entroido de Bande: a figura do Troteiro e a recuperación doutras máscaras esquecidas”

20h45 Mesa redonda e coloquio final Distintos establecementos hostaleiros ofrecerán degustacións e menús típicos do Entroido.

COA COLABORACIÓN DO CENTRO COMERCIAL URBANO-ZONA MONUMENTAL

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×