Xantar 2018 Ourense – 19º Salón Internacional de Gastronomía e Turismo

Fecha 31-01-2018 a 4-02-2018
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

¡Dossier do 19ª Salón Internacional de Turismo Gastronómico, XANTAR 2018!

A segunda motivación que elixen os turistas para visitar Galicia é a gastronomía. Isto supuxo a orixe de Xantar, Salón Galego de Gastronomía e Turismo, unha feira que acada a súa decimonovena edición do 31 ó 4 de febreiro de 2018 e que congrega a miles de persoas, transformando o recinto de Expourense nun gran centro de restauración.

En 12.000 metros cadrados cubertos, recréanse arredor dunha vintena de restaurantes con todo luxo de detalles e servizos. O obxectivo é dobre: exaltar as materias primas coas que elaboran os seus menús e fomentar a calidade e a prestación do servizo. Cociñas e salas de comedor ofrecen unha espectacular imaxe grazas á coidada decoración e elaboración dos pratos.

Ademais da promoción da gastronomía, Xantar é tamén o punto de encontro dos recursos turísticos das rexións participantes no salón. Sen saír do recinto feiral, o visitante pode coñecer os atractivos naturais, arquitectónicos, históricos e, por suposto, gastronómicos, dos distintos puntos xeográficos promovidos por organismos públicos (concellos, deputacións, padroados de turismo, etc.) que acoden a esta cita procedentes de toda España e Portugal.

Tanto para profesionais como para público en xeral organízanse actividades como conferencias, presentacións literarias, exposicións de arte, obradoiros didácticos, cursos de cata e degustacións gratuítas, entre outras moitas.

O atractivo que ten Xantar para o público en xeral queda fóra de toda dúbida á vista dos resultados das enquisas realizadas: os menús acadaron un índice de satisfacción superior ó 85% e máis do 90% dos visitantes ten intención de repetir. Ademais é unha cita para o goce do propio sector, xa que das persoas que visitaron Xantar, o 35% foron profesionais.

Rexións e comunidades convidadas

O principal obxectivo de Xantar é defender a cultura da calidade na gastronomía e posicionala como un dos reclamos turísticos máis importantes. Por elo, tamén teñen o seu espazo neste salón outros destinos de España e Portugal que queiran promocionar a súa gastronomía como motivación decisiva á hora de atraer visitantes, co obxectivo de compartir experiencias.

Por este motivo, Xantar conta cada ano coa presenza de diferentes territorios da Península baixo a fórmula de rexión convidada. Entre as que participaron, atópanse Estremadura, Castela – León, Asturias, Cantabria e Andalucía, rexións turísticas de Portugal e agrupacións interterritorias como por exemplo a Macaronesia (Canarias, Azores e Madeira).

Cada rexión conta cun restaurante co seu menú degustación e vén acompañada pola súa oferta turísticaa de productos autóctonos ou da súa cultura artenasall e tradicional para que os visitantes coñezan as súas particularidades e e diferenzas.

Pais convidado

O salón conta coa figura do país convidado, unha iniciativa que ten moi boa acollida por parte do público asistente ó salón e unha gran repercusión entre os medios de comunicación. Este ano é Portugal.

Francia, México, Portugal, A Arxentina e Perú participaron ata o momento promocionando os seus recursos turísticos e gastronómicos a través de: restauración, stand, degustacións, catas, obradoiros ou folclore.

Web: www.xantar.org

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×