Concierto de la Orquestra Sinfónica Vigo 430 con Rosanne Philippens, en Lugo

Fecha 15-02-2020
Hora 20:00
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Concierto de la Orquestra Sinfónica Vigo 430 con Rosanne Philippens, en Lugo.

***** Beethoven 2020 *****

L.v. Beethoven: Concerto para violín e orquestra
L.v. Beethoven: Sinfonía nº 2

E antes, ás 17:30 h, falamos sobre Beethoven e o programa do concerto en “Programa de antemán” coa divulgadora Teresa Adrán, tamén no Círculo das Artes (Salón de columnas).

Rosanne Philippens

Rosanne Philippens é unha comunicadora extraordinaria, cunha musicalidade innata e un enfoque contaxiosamente alegre pero sincero á hora de facer música. Ten unha gran presencia nos Países Baixos, onde actúa regularmente nas principais salas e ciclos como solista e músico de cámara. Tamén é unha gran directora e recentemente fixo o seu debut coa Orquestra Nacional de Lyon nunha actuación chea de éxito, coas Estacións de Vivaldi e Piazzolla, no Auditorio de Lyon, que recibiu os maiores eloxios.

Destacan as súas recentes actuacións coa Filharmónica de Rotterdam en De Doelen, coa Filharmónica dos Países Baixos na prestixiosa serie Zaterdag Matinee e o Residentie Orkest tanto na Haia como no Concertgebouw Hall de Ámsterdan. Philippens tocou coa Sinfónica de Barcelona, a Orquestra do Ulster, a Sinfónica de Vancouver, a Sinfónica de Winnipeg e con orquestras de Alemaña, Finlandia e Suíza, con directores como Yannick Nézet-Séguin, Lawrence Foster, Otto Tausk, Jan-Willem de Vriend, Antony Hermus e Nicholas Collon.

En recitais e música de cámara, Philippens toca regularmente con artistas como István Vardai, Vilde Frang, Julien Quentin, Vikingúr Olafsson, Amihai Grosz, Camille Thomas e Zoltán Fejérvári en festivais e salas de toda Europa. Cree firmemente en romper as barreiras da música clásica, dirixe a súa propia serie de concertos The Amsterdam Salon Pop-Up, presentando concertos de alta calidade en lugares coidadosamente buscados e inusuais.

Grava exclusivamente para Channel Classics. Gañou o primeiro premio no Concurso Nacional de Violín Holandés en 2009 e no Concurso Internacional de Violín de Friburgo en 2014. Toca co Stradivarius “Barrere” de 1727, grazas ao xeneroso apoio da Fundación Elise Mathilde.

Publicidad

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×