O Paseo Marítimo de Xuvia, en Narón, acollerá o sábado 7 de novembro, de 11:00 a 24:00 horas, a primeira experiencia promocional de Incluson, o Festival Musical Accesible e Inclusivo do Camiño de Santiago. A iniciativa, promovida pola asociación I’TICS coa colaboración do Concello de Narón, combinará música en directo, gastronomía e artesanía nunha xornada aberta á participación de todas as persoas. O evento contará con interpretación en lingua de signos, mochilas vibratorias, pictogramas, espazos de calma e diferentes apoios sensoriais e comunicativos para favorecer a accesibilidade, ademais de food trucks e postos de artesanía.
- 11:00 horas: Inauguración de Incluson.
- 11:15 horas: Charla 'O Camiño non cambia. A Experiencia SÍ'.
- 12:00 horas: Concerto de Só Elas.
- 13:00 horas: Concerto de Chungo Pastel.
- 14:00 horas: Fran Rey DJ e Mas Music DJs.
- 17:30 horas: Concerto de DiversidArte.
- 19:00 horas: Concerto de Marcos Mella.
- 20:30 horas: Concerto de Batalha.
- 22:00 horas: Agradecementos a I’TICS.
- 22:30 horas: Concerto de Nuevo Plan.
A xornada completarase con propostas gastronómicas de ChichaLovers, Pink & Mint e La Bichota do Paparrúa, que ofrecerá opcións sen glute, así como cun espazo de artesanía no que participarán Laura Molero, Zapireza Estudio, Por Mis Ruedas, Pepiña Medias Longas, Chamorro e a Comisión de Festas de Xuvia.